top of page

Antonio do Nicho
Viño artesán

O 14 de xuño do 2021, unha enorme tormenta de saraiba arrasaba a colleita e a viña da Mingona. A día de hoxe só temos un viño feito en colaboración con unha viticultora que colaborou con nós despois de quedarnos sen colleita ese ano.

Ela deunos as uvas e nós fixemos a vinificación na nosa adega de xetio tradiconal tal e como facemos co noso.

Unha colaboración cultural/poética que deu froito a un viño xove que se chama "Limiar" e que será o que poidas degustar nas visitas ata que a pequena añada do 2022 de Antonio do Nicho repouse uns meses en botella.

Antonio do nicho é un viño artesán, feito á man na “Mingona” en San Fiz, Chantada (Lugo)

Ribeira Sacra do río Miño.

Mencía e Garnacha, vinificadas por separado.

Un viño feito na viña, coidando acio a acio. Sen herbicidas, insecticidas nin pesticidas.

Maceración en frío, fermentación espontánea e trasfegas polo seu propio peso, sen bombas.

Estabilización natural polo propio frío da adega no inverno, polo que pode conter residuos

Ubicación A Mingona (Sureste) - Altitude: 430 metros - Pendente: 50% - Solo: Granítico

2.jpg

Fotos botellas adega:  Lucía Cereijo Fotografía

5.jpg
GARNACHA 2019.jpg

- A nosa maneira de facer as cousas -

A terra que nos viu nacer non merece un futuro incerto, e nós temos que ser capaces de poñer o noso pequeno gran de area. Este é un proxecto moi cativo pero cheo de ilusión e gañas de traballar no entorno que máis nos gusta.

É difícil facer viño nestas terras, pero é fermoso ter diante este reto i esta paisaxe que anima a conservala.

Utilizamos abono orgánico e non lle botamos herbicida á ribeira, cando os acios xa son grandes, deixamos a desbrozadora e limpamos co fouciño para non danalos.

Deste xeito, a Mingona está sana, e o rural non morre!

20200217_162520.jpg
20200227_132950.jpg
bottom of page