top of page

David Vázquez Pinancho 

"Nacín trasfegando no viño"

- O viño e o audiovisual na miña vida -

Foto: Lucía Cereijo Fotografía

Nacín entre cubas. Meu pai tiña ribeira en Pesqueiras (Chantada), a terra que me viu nacer e medrar.

A ribeira era pequena e meu pai ía mercar uvas a Zamora. Chegaba cun tráiler cheo e había que 

facer todo o proceso de vinificación para despois vendelo en Madrid. Dende que chegaba da escola cos meus irmáns entrabamos nas cubas a lavalas e despois axudabamos a realizar todos os traballos da adega. Na ribeira tamén practicabamos os labores propios da viña, da cal bebiamos nós. Ata na época da estila había que estar ó pé do pote para botar unha man. Entre colleitas fun estudando. Fíxenme técnico de son e rematei traballando no audiovisual, actualmente son freelance creando PINANCHO AUDIOVISUAIS . Xa dirixín algunhas obras coma "Asolagados" e O Moredo "A resistencia do Entroido Ribeirao" nas que o viño está presente. A primeira, unha longa documental sobre os pobos anegados polo encoro de Belesar, terras onde quedaron as mellores zonas de viñedo. A segunda, unha curta documental onde o viño ten un importante papel, xa que, onde se viu un entroido sen viño!! Con este pequeno proxecto cumpro un soño: ser viticultor coma foi meu pai. Hoxe estaría orgulloso de min, igual que estaría miña nai. Eu tamén sigo estando de vós aínda que xa non poidamos traballar xuntos... (Brindarei polos dous. Grazas por todo.)

 Adega da miña casa. 

O Pote (Tardes e noites de estila)

As grandes cubas de madeira

bottom of page